2011: Tendencias e focos de atención globais
Xulio Ríos (El Progreso, 31/12/2010) A sociedade internacional asistirá en 2011 ao afondamento das principais tendencias manifestadas no último lustro, marcado polo inexorable avance de Asia na escena global e a reestruturación socioeconómica no mundo desenvolvido, activando as discusións arredor dos equilibrios monetarios e financeiros, comerciais e mesmo no eido ambiental, nun planeta que podería superar os sete mil millóns de habitantes, cifra que elevará a presión sobre os recursos. Tendencias A economía global estase recuperando da crise, pero os riscos de recaída seguen sendo elevados e a revitalización é tan desigual como está chea de dúbidas. A crise económica imporá un ano especialmente duro para boa parte do mundo desenvolvido, cun previsible incremento das tensións sociais arredor da introdución de reformas con vistas a encarar unha débil recuperación que novamente contrastará coa forza das economías emerxentes en América Latina ou Asia. Esa reestruturación terá como epi