Diplomacia económica
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 29/09/2011) O presidente Feijóo non é dos que se prodigan nas saídas ao exterior. Por iso cabe atribuír unha especial significación á súa recente viaxe a Panamá e México. En vésperas electorais podería interpretarse esta iniciativa como un enésimo e perverso intento de involucrar a diáspora na contenda do 20N, pero a xulgar pola súa axenda, o contido económico prevaleceu sobre calquera outro, servindo para clamar as bondades do novo impulso internacionalizador que xira arredor da rede de plataformas empresariais galegas no exterior (PEXGA). Hai no intento das nosas autoridades unha ruptura evidente con modelos precedentes e aínda vixentes noutras comunidades do Estado. A principal aposta consiste en transferir á CEG (Confederación de Empresarios de Galicia) as capacidades para promover unha internacionalización que da man dos mais directamente interesados debera acertar nunha definición mais proveitosa. A maior sombra deste proceso é a conseguinte d